
Fotografía cedida por Chus Díaz Anca
Este espazo virtual recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, referente na psiquiatría, na docencia, na recuperación da memoria e un dos piares dos activismos feministas na Galiza. Lola confrontou todo o que consideraba inxusto e loitou polos dereitos das mulleres. Acompañou a moitas persoas e institucións creando unha rede de afectos con vínculos que continúan logo do seu pasamento.
Unha iniciativa de Ute-pías Feministas, un colectivo formado por Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Libraría Lila de Lilith e Illa Bufarda.
