UTE-PÍAS FEMINISTAS

Ute-pías Feministas somos unha rede formada polas cooperativas Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Illa Bufarda e a libraría feminista Lila de Lilith. 

Cada unha de nós coñecemos a Lola por múltiples camiños. Atopámonos no cruce de todos eles e decidimos andar xuntas para renderlle a Lola Ferreiro Díaz a súa propia mullerenaxe. 

Esta investigación, chea de afectos e coidados, fai equilibrios entre a formalidade do estudo e o coloquial dos cafés e dos xantares compartidos. Fomos sumando persoas, colectivos, lembranzas e conversas que nos axudaron a recuperar a memoria de Lola, sabendo que é unha de moitas posibles e que se pode ir ampliando no futuro. 

Carta de Ute-pías a Lola